Inicio · Ahorra Energia · Renovables de Uso Domestico · Programa GIT

Programa GIT

Financiamento a empresas habilitadas de Grandes Instalacións Térmicas a partir de fontes renovables en edificación

Segundo a publicación en BOE da Resolución da Presidencia do IDAE o 26 de abril de 2011, establécese a convocatoria e bases correspondentes para a habilitación de empresas no Programa GIT, de enerxías renovables biomasa, solar e xeotermia para usos térmicos en edificación.

 O lanzamento deste programa de financiamento responde á necesidade de impulsar a execución de grandes instalacións de produción de enerxía térmica na edificación, a partir do aproveitamento das enerxías renovables biomasa, solar térmica e xeotermia).

Esta nova liña de impulso está destinada a aqueles proxectos que, polo seu tamaño e complexidade, quedaban fóra dos límites establecidos nas convocatorias dos programas BIOMCASA, SOLCASA e GEOTCASA, establecendo un sistema de financiamento de grandes instalacións nestas áreas, que continúe o decidido impulso do modelo de servizos enerxéticos que garanta unha oferta de calidade adaptada ás necesidades dos usuarios de auga quente e climatización en edificación, todo iso no marco do Plan de Enerxías Renovables en España 2005-2010.

Para o arranque do programa, o IDAE achegou un orzamento de 17.000.000 € para o financiamento dos proxectos presentados polas ESEs (Empresas de Servizos Enerxéticos) habilitadas para a execución de grandes proxectos que cumpran cos requisitos do Programa.

O límite máximo de financiamento por proxecto será o 80% do valor do investimento elixible (o destinado á xeración térmica), cun límite máximo absoluto de financiamento por proxecto individual de 3.000.000 € -desde 250.000 € para proxectos SOLCASA GIT e desde 350.000 € para proxectos en BIOMCASA e GEOTCASA GIT- A presentación de solicitudes de habilitación efectuarase conforme ás bases e ao modelo de solicitude que se poden atopar nesta mesma páxina, como documentos adxuntos.