Inicio · Ahorra Energia · Renovables de Uso Domestico · Programa Biomcasa II

Programa Biomcasa II

Programa para a execución de proxectos de biomasa térmica en edificios

O 14 de xaneiro de 2013 publicouse no Boletín Oficial do Estado a Resolución do Consello de Administración do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía, de 13 de novembro de 2012, pola que se establece a convocatoria e bases reguladoras para a habilitación de empresas colaboradoras no Programa BIOMCASA II. 

O obxectivo do programa é continuar facilitando a promoción e o financiamento dos proxectos de biomasa térmica en edificios en España, permitindo avanzar neste tipo de proxectos e incorporar ao programa novas empresas.

Considerando a evolución do mercado das ESEs en biomasa e a experiencia adquirida, dotouse ao programa cun orzamento de investimento de 5.000.000 €, á vez que se adaptaron as condicións financeiras a unha situación próxima ás condicións de mercado, con maiores condicións de control das empresas habilitadas e proxectos, así como outras medidas de control como o sistema de teleseguimento PRETEL en todas as instalacións que se financien a través do programa.

A presentación de solicitudes efectuarase conforme ás bases e ao modelo de solicitude que se poden atopar nesta mesma páxina como documentos adxuntos.

 

Acceso web ao Sistema Harmonizado Pretel

Especificación Pretel

 

Guía técnica de instalacións de biomasa térmica en edificios (2009)